campa

Lousa plana de pedra con que se cobre unha sepultura.

Etimoloxía

A orixe desta palabra non está clara. Apúntase como probable que proceda do latín campus, que significaba 'chaira'.

Exemplos *

"Descorremos o lousón que facía as veces de campa e principiou a botar terra para un lado, falando ó mesmo tempo coma se limpase nunha gabia e nada lle importase." (Hixinio Puentes: O bandido Casanova)

"Aborrecido, despois de dar sepultura a quen foi a súa compañeira durante trinta anos, e tras colocarlle sobre a campa, ó antigo modo grego, unha estela que representaba a unha dama bicando a un cabalo, Catuxo recolleu o pouco que lle quedaba na casa da defunta e dirixiuse ó porto." (Francisco A. Vidal: A derradeira decisión)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.