caneca

Vaso provisto dunha asa, xeralmente de barro ou cerámica.

Etimoloxía

Pénsase que remite ao latín canna –ae ‘biquela’, de orixe grega.

Exemplos

“... sentamos nuns tallos a carón do lume e pedimos senllas canecas de cervexa branca, desa que se fai fermentando a cebada.” (Xavier Queipo: O paso do noroeste)

“A xente irlandesa é tola e cantareira e as canecas de whisky, pasando de man en man, baldeirábanse coma se fosen de auga.” (Hixinio Puentes: Os aguillóns de Ortegal)