cantarelo

Cogomelo do filo dos basidiomicetos do que existen varias especies, co sombreiro cóncavo cara ao centro, de cor parda ou amarelada, comestible.

Etimoloxía

Procede do latín cantharellus, diminutivo de cantharus –i ‘vasilla’.

Exemplos *

“Sabía coller herba da fame ou saramagos para comer; os choupíns, zarrotas e cantarelos para guisar no outono; a macela e o poexo para facer infusións e aliviar a dor de barriga.” (María Xosé Queizán: O solpor da cupletista)

“Eu poño á micoloxía en relación co que pasou co viño, que se puxo de moda e a xente quería distinguir as marcas e ter cultura de viño. Agora pasa o mesmo, apreciar un cantarelo, poño por caso, é marca de estar ao día e tamén dun certo nivel.” (Carme Vidal: Sermos Galiza 02-11-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.