cantil

Terreo abrupto en forte pendente.

Etimoloxía

Deriva de canto (recanto), procedente do latín canthus –i, que designaba a tira metálica exterior da roda e logo adquiriu o sentido de ‘esquina’ ou ‘saínte’.

Exemplos *

“… ao norte sitúase a punta da Bandeixa e unha sucesión de areais onde só se pode baixar desde o alto do cantil por carreiros moi pinos.” (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta: Sermos Galiza 03-08-2012)

“Ela contoume de Cabilia, unha rexión montesía cunha paisaxe diversa estremeira co Mediterráneo, onde as abas dos montes turran no seu traxecto final para se converter en abruptos cantís.” (Marcelino Fernández Mallo: Cabilia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.