cantimplora

Pequeno recipiente co colo estreito a modo de botella, revestido de coiro ou outro material, para levar auga nas viaxes ou excursións.

Etimoloxía

Vén dunha forma do catalán antigo cantiplora, composto a partir de canta i plora ‘canta e chora’, denominación motivada polo ruído que fai ao botar.

Exemplos *

“Chegamos ao final da primeira volta. A mamá estaba ao pé da meta coa cantimplora na man. Pero eu ía tan rápido que en vez de collela guindeina ao chan.” (Manuel Darriba: Brais e os demais)

“Manuel achegouse a Sara e ofreceulle a cantimplora para que bebese. Ela rexeitouna cun arrandeo da cabeza.” (Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.