capitel

Peza con ornamentos situada na parte superior da columna e que sostén a arquitrabe.

Etimoloxía

Parece que chegou desde o occitano, tomado do latín capitellum, diminutivo de caput –itis ‘cabeza’.

Exemplos *

“E cita esa proba documental, labrada en pedra, nun capitel do pazo de Xelmírez en Santiago no que aparece un bispo comendo unha empanada que xa, apuntando moito máis fino, algúns dixeron e escribiron que era de lamprea.” (Lois Caeiro: O Correo Galego 08-12-2000)

“... o deleite ante o relevo dun capitel ou ante a elegancia dunha incompleta columnata vai sempre acompañado da dolorosa conciencia de perda irreparábel do conxunto.” (Manuel Xestoso: A Nosa Terra 26-06-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.