caramuxo

Pequeno gasterópodo mariño univalvo da subclase dos prosobranquios do que existen varias especies, que presenta unha cuncha negra en forma de caracol cun ápice aguzado, ten carne comestible e vive sobre as penas da ribeira.

Etimoloxía

Non se coñece con seguridade a súa orixe.

Exemplos *

“Despegaba da rocha os caramuxos vivos e miraba como eles se volvían pegar, zoupóns coma sapoconchos somnámbulos.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)

“... feito para que nel se bañen sen medo os nenos, e busquen cunchas e caramuxos á súa beira, e saian de paseo a remar nas gamelas e nos botes ...” (Xosé Manuel Martínez Oca: Beiramar)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.