cartabón

Instrumento para debuxar que ten a forma dun triángulo con un dos seus ángulos rectos e os tres lados desiguais.

Etimoloxía

Considérase que chegou desde o antigo occitano escartabont, derivado de cart ‘cuarta parte’, procedente do latín quartus.

Exemplos *

“… xurdiría a un país distinto, harmónico e equilibrado, simétrico, disposto a base de regra e cartabón, cando el sabía xa que Galicia non sería así …” (Alfredo Conde: Sempre me matan)

“Desde despachos e con regra e cartabón establecéronse fronteiras aleatorias”. (Natalia Sequeiro: O Correo Galego 14-10-2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.