castelo

Fortaleza rodeada de foxos e defendida por murallas flanqueadas de torres ou baluartes.

Etimoloxía

Vén do latín castellum –i, diminutivo de castrum -i ‘fortificación’.

Exemplos

“Sábese que Pedro Madruga reforzou as gornicións das súas fortalezas de Salvaterra e Fornelos, e que se apresta á defensa do castelo de Soutomaior.” (Agustín Magán: Os rebertes. Retablo escénico en catro cadros)

“Os mosteiros da Ribeira Sacra, os castelos e os Irmandiños que os derrubaron, o comercio con Inglaterra, as loitas pola hexemonía coas liñaxes portuguesas e cos Pimentel do Bierzo sosteñen un relato acompañado de detalles que nos revelan unha forma diferente e pouco divulgada de mirar a historia.” (Xurxo González: A Nosa Terra 12-03-2009)