catálogo

Lista ordenada de nomes de persoas ou cousas, acompañada de explicacións.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín, que o tomara do grego katalogos, -ou 'lista, rexistro'.

Exemplos *

"… sobre a composición temática dos fondos universitarios, deducible dos catálogos da súa biblioteca, só se pode concluír a evolución das inclinacións …" (Ofelia Rey Castelao: A Galicia clásica e barroca)

"A Biblioteca Nacional vai ser a cabeceira e centro coordinador do sistema bibliotecario galego, "algo atá agora inexistente", coa creación do catálogo único galego …" (A Nosa Terra 29-12-2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.