catedral

Igrexa principal do territorio eclesiástico que está baixo a xurisdición dun bispo ou dun arcebispo.

Etimoloxía

Formouse a partir de cátedra, do latín cathedra –ae ‘asento’.

Exemplos

“Non sabía, por exemplo, porque ninguén mo dixera, que tivemos uns reis propios e que están soterrados na catedral de Santiago, na que chaman Capela das Reliquias.” (Marica Campo: Memoria para Xoana)

“O cárcere de Santiago, coñecido como A Falcona, estaba detrás do pazo de Raxoi, na costa que ía dar á praza do Obradoiro, xusto en fronte da catedral, tal que se facías un túnel chegabas á cripta do Apóstolo.” (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)