caxato

Pau ou vara con puño que se leva na man para apoiarse ao andar.

Etimoloxía

Proponse que derive da redución da expresión latina baculus cajatus, do latín tardío caja ‘pau’.

Exemplos *

“Ao pé da porta da casa, sentado nunha laxe posta coma un poio, cun caxato entre as pernas, estaba un home.” (Bernardino Graña: Protoevanxeo do neto de Herodes)

“Sentara no banco da praza media hora antes, á raxeira, co caxato pousado cabo súa.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.