cazadora

Tipo de chaqueta curta e ampla, xeralmente apertada nas cadeiras e nos pulsos

Etimoloxía

Palabra derivada do verbo “cazar”, que provén do latín vulgar *captiare, o cal remite ao clásico captare ‘tomar, agarrar’.

Exemplos *

“Acompañábao outro, que ía calado, de cazadora vaqueira lavada á pedra.” (Laura Caveiro: As naos afondando, 2000)

“Non me sinto ben _dixo Santi cun fío de voz, mentres quitaba a cazadora.” (Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.