cegar

Derramar o gume dun instrumento cortante.

Etimoloxía

Provén da palabra latina caecare, derivado de caecus (‘cego’).

Exemplos *

“Quen menos se pensa cai, qu' o fío non se lle cega á negra fouce.” (Antolín Santos Mediante Ferraría: Escolma en galego de Asturias)


“Pra que a túa voz non pese no aire, cántas ferramentas se teñen cegado” (Luís Pimentel: Sombra do aire na herba)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.