cego -a

Que non ve, que está privado do sentido da vista.

Etimoloxía

Evolucionou desde o latín caecus –a –um ‘cego’.

Exemplos *

“A mamá fala así porque sabe que quedo cego e para que non lle garde xenreira ao Camilo para toda a vida. En adiante vou ser como o Nicolás, que anda cun caxato...” (Carlos Casares: Vento ferido)

“Un cego, só no medio da praza, camiñaba paseniño, xa todo mollado, a procurar abrigo. Un limpabotas escoitaba as noticias deportivas nun transistor.” (Carlos Casares: Vento ferido)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.