cegoñal

Árbore provista dun ou varios cóbados en cada un dos cales se articula unha biela.

Etimoloxía

Parece que esta denominación se orixinou a partir de cegoña, pola semellanza do seu movemento co da ave.

Exemplos *

"Só escoitaba o choqueleo rítmico e monótono das máquinas, o son das bielas e cegoñais no seu movemento de alongameno e retorno …" (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal)

"… o cegoñal (que é a peza máis delicada de feitura, del dependen as revolucións que lle cómpren á roda, facíase a medida do afiador, da súa estatura …" (Xosé Vázquez Pintor: A tribo sabe)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.