cepillo

Utensilio de madeira de forma alongada, que leva incrustada, atravesándoo, unha coitela, empregado en carpintaría para quitarlle pequenas láminas á madeira e tornala lisa.

Etimoloxía

A orixe deste termo parece estar no latín cippus, -i ‘cepo’ ou ‘poste’.

Exemplos *

Cepillo de volta. Estes instrumentos son utilizados para cepillar superficies curvas. Un cepilla superficies cóncavas e o outro superficies convexas.” (Manuel Mariño del Río: A carpintería de ribeira en Porto do Son)

“A colección de ferramentas que precisa o cubeiro é ampla. No seu obradoiro temos atopado de varios tipos como a serra de volta, compás, furador, cepillo de volta, garlopa …” (Xosé Antonio Fidalgo Santamariña: Os saberes tradicionais dos galegos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.