cereixa

Froito da cerdeira, de forma arredondada, aproximadamente de dous centímetros de diámetro e de cor vermella, que está unido á árbore por un rabo delgado e longo.

Etimoloxía

Procede do latín vulgar ceresia, formada a partir de cerasium, de procedencia grega.

Exemplos *

"Os paxaros convertíanse nos peores inimigos das cereixas e, para meterlles medo, poñíanselles espantallos e tarabelas, tamén chamadas alí martabelas." (Xosé Alvilares: Memorial de agravios)

“Na aldea aínda era tempo de apañar cereixas, os grilos cantaban tolos na caloriña da sesta e o mar chamaba de lonxe cun fulgor de prata, espacioso” (Xavier Alcalá: A nosa cinza).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.