cerna

Parte interior e máis dura do tronco dunha árbore.

Etimoloxía

Non está clara a súa orixe, para a que se propón o latín circen -inis ‘círculo’ ou o gótico *kaírnjan ‘formar o núcleo'.

Exemplos *

“... xa sei como manexar as táboas para que non se empenen, facer caixóns sen utilizar cravos, cepillar ben a madeira seguindo a veta e distinguir a cerna do sámago.” (Marilar Aleixandre: Airadas de palabras)

“... escoitamos o ritmo da auga nas fontelas ou a mesma canción dos desaparecidos regatos, mentres o merlo, xa afeito á cidade descarnada, peteira na cerna que sostén a beleza dos pradairos.” (Manuel Vidal Villaverde: O Correo Galego 16-10-2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.