cesura

Pausa que na poesía románica vén determinada ou esixida polo ritmo, que divide o verso en partes ou hemistiquios.

Etimoloxía

Evolucionou desde o latín caesura –ae ‘corte’, derivado de caedere ‘cortar’.

Exemplos *

“Mercou en cas Preto varios libros de poesías na lingua do país, e aprendíaas de memoria e recitáballas a quen as quería oír moi axeitadamente, suaviño cando debía e alzando a voz cando as razóns o pedían, e marcaba moi ben as cesuras e as rimas.” (Darío Xohán Cabana: Galván en Saor)

“Abundan as estrofas de catro versos procedentes de estrofas de dous versos longos que, por cesura, divídense, á súa vez, en dous ...” (Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro (trad.): Cancioneiro da poesía céltica de Julius Pokorny)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.