chamuscar

Queimar lixeira ou superficialmente unha cousa

Etimoloxía

Termo derivado sobre “chama”, que vén do latín flamma, -ae ‘chama, lume ou paixón’.

Exemplos *

“...sete ou oito homes para teren conta dun porco e chamuscalo e fretalo coas pedras” (Antón Rivero Coello: As Rulas de Bakunin, 2001)

“Os homes comenzan a chamusca-los porcos que están riba dunhas grades.” (Manuel Mandianes Castro: Loureses. Antropoloxía dunha parroquia galega, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.