chapurrear

Falar incorrectamente unha lingua, mesturando formas e vocábulos doutra

Etimoloxía

Pénsase que ten unha orixe onomatopeica.

Exemplos *

“Non sei canto tardarei en atopar unha rapaza coa que falar de mulleres así, que saiba chapurrear as letras de Muguruza en vasco e discuta tan ben sobre o internacionalismo.” (Mario Regueira: L’affiche rouge, 2007)

“Prendeu as catro luces con que coroaba o teito do todoterreo e pediu a berros nun español chapurreado que acabase a interrupción dunha vez, que xa era tarde e tiñan que marchar a durmir.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.