chaquetón

Peza de vestir con mangas e un pouco máis longa ca a chaqueta, que se pon por riba do resto da roupa para abrigarse

Etimoloxía

Aumentativo de “chaqueta”, que procede do termo francés jaquette de significado semellante.

Exemplos *

“Luís, entón, quitou o chaquetón e foi onda Minia, que quentaba as mans sentada nun banco a carón do lume.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña, 2002)

“Ande, deixe aquí a mochila e quite o chaquetón.” (Uxía Casal: Vidas exemplares, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.