chato

Vaso máis ancho ca alto que se utiliza xeralmente para servir viño.

Etimoloxía

Procede do latín *plattus ‘plano’, voz tomada do grego.

Exemplos *

“Con todo o coidado do mundo levamos os chatos nas mans; sobre todo Paquiño que palpa aperta agarima o chato coma se fose o tesouro máis importante do mundo.” (Manuel Seixas: A velocidade do frío)

“"Vai aire, ¿non si?", pregúntanlle a cadaquén qué vai tomar, e serven os chatos coa axuda de Elisenda e algún outro voluntario.” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.