cientifismo

Doutrina ou tendencia intelectual que afirma a superioridade da ciencia sobre todas as outras formas de comprensión humana, por ser a única capaz de presentar beneficios prácticos e alcanzar auténtico rigor cognitivo, e que preconiza a adopción do método científico en todas as áreas do saber e da cultura.

Etimoloxía

Deriva de científico, do latín tardío scientificus, forma creada a partir de scire ‘saber’.

Exemplos *

“O certo é que, como ideoloxía, o cientifismo racionalista decimonónico está empezando a considerarse, polos propios científicos, atrasado …” (Teresa Barro: Introducción á astroloxía)

“No terreo da historiografía tamén se teñen expresado, desde hai algúns anos, orientacións críticas co determinismo, co cientifismo ou coa tendencia a reducir a historia a unha simple análise económica.” (Daniel Soutullo: De Darwin ao ADN. Ensaios sobre as implicacións sociais da Bioloxía)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.