clarete

Viño de cor máis clara ca a do tinto

Etimoloxía

Por influencia do francés antigo claret, a partir do latín medieval claretum.

Exemplos *

“Mi amo era mui repousado no comer e mui limpo, e de contino lavaba as mans ao sentarse á mesa i ao erguerse. Fixo sin présas todo o costume que tiña, abuchou a boca co derradeiro chope de clarete, dobrou a servilleta, e fíxolle aquel nó de orellas de coello que usaba (…).” (Álvaro Cunqueiro: Merlín e familia, 1955)

“Agora, xa entrado en anos, gañaba uns cartiños facendo de sparring para futuras figuras que poucas veces chegaban a selo. Era boa persoa, eso si, e amigo do amigo. Sempre traía tabaco e botellas de clarete e de brandi.” (Isidro Novo: Carne de can, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.