claudia

Variedade de cirola moi doce, de cor verde.

Etimoloxía

Seica provén do nome dunha raíña francesa, Claude, casada co rei Francisco I, xa que o nome orixinal da froita sería ‘ameixa da raíña Claudia’.

Exemplos *

"Na sala había media ducia de fontes de porcelana acuguladas de froita: unha con mazás verdes, outra con paraguaios, outra con ameixas negras, outra con claudias, unha máis con figos entreabertos e a última con bananas de cuarta e media de longas." (Xurxo Borrazás: Na maleta)

"… nas casas das mestras, esas serían as lambetadas máis normais, e non como no meu vagón, que sempre me daban unha mazá ou unhas ameixas claudias algo verdes." (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.