claustro

Máximo órgano colectivo reitor dun centro de ensino, formado polo conxunto dos profesores do centro ou, no seu caso, polos representantes dos distintos sectores que constitúen o centro

Etimoloxía

Do latín claustrum, -i ‘o que serve para pechar, recinto pechado’, dado que deriva de claudere ‘pechar’.

Exemplos *

“Desa necesidade de ter profesores xa, para poñer en marcha claustros novos do trinque, derivan non poucas das miserias académicas que arrastra a Universidade galega.” (Tempos Novos nº15, 1997)

“Por iniciativa de Andrés, o claustro do Centro Teolóxico rexional propúxome, por unanimidade, para profesor de Filosofía da Ciencia.” (Xosé Alvilares: Memorial de Agravios, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.