cocer

Someter á acción da calor a masa de pan ou outra masa alimenticia para facela comestible.

Etimoloxía

O seu antecedente é o verbo latino coquere.

Exemplos *

“O levedar e o cocer do pan era como o encaixe das palabras nas frases cando un fala, un aparente proceso de equilibrio espontáneo.” (Xurxo Borrazás: Na maleta)

“Pan regañado, o que se abre no forno coa forza do lume ou pola fenda ao poñelo ao cocer.” (Xosé Lois Ripalda: A cultura do pan)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.