coitela

Folla de metal empregada para cortar, polo xeral de pequenas dimensións, con fío por un lado ou polos dous, que pode ir unida a un mango ou metida nun soporte e que pode ter diferentes formas segundo os usos.

Etimoloxía

Tomouse do diminutivo latino cultellus, formado a partir de culter (‘coitelo’).

Exemplos *

“O zapateiro cortou coa súa coitela, limpamente, os calzóns do trasgo, e este, como alma que leva o demo, correu cara á carballeira.” (Borobó: "Xoán Po'reás" burlador de demos (lenda fáustica))


“Ninguén chegou a velo e conservou a vida para contalo, quererás dicir -berrou Daniel, aupando o ancián polo saial coa idea de darlle coitela.” (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.