concerto

Composición musical extensa, para un ou varios instrumentos con acompañamento da orquestra.

Etimoloxía

Con este sentido, tomouse da forma idéntica do italiano.

Exemplos

“... penso que non hai nada tan extraordinario na interpretación violinística como ese concerto de Brahms, o único que Brahms compuxo para este instrumento.” (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco)

“As miñas pálpebras construían con paciencia unha capa de balor. Espertáronme os acordes suaves do segundo concerto para piano de Rachmáninov.” (Aníbal C. Malvar: Un home que xaceu aquí)