condensador

Sistema constituído por dous condutores moi próximos e separados por unha lámina illante, que teñen a propiedade de acumular cargas eléctricas.

Etimoloxía

Deriva de condensar, do latín condensare, formado a partir de densus ‘compacto’.

Exemplos *

“… foi como consecuencia da destrución dunha batería de condensadores de comunicacións, que saltou debido á chuvia e ás descargas eléctricas.” (O Correo Galego 14-02-1995)

“A memoria necesitaba outras 300 válvulas de baleiro e varios condensadores montados en tambores rotatorios que mantiñan a carga o tempo necesario para realizar unha rotación do tambor …” (Francisco Fernández Rivera: Algunhas persoas, ideas e máquinas que determinaron a computación no século XX)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.