condutor -ora

Corpo que deixa pasar a corrente eléctrica e a calor.

Etimoloxía

Vén do latín conductor –oris ‘o que conduce’, que remite á forma ducere ‘levar’.

Exemplos

“Os premiados descubriron que o grafito, a mina dos lapis, está composto de millóns de capas de grafeno e que este é un condutor eléctrico tan eficaz como o cobre e un material cen veces máis resistente que o aceiro.” (Rodolfo Lueiro: De Luns a Venres 15-10-2010)

“Os galvanómetros son instrumentos que miden a corrente que circula por un condutor, comprobando a desviación que esta produce sobre unha agulla imantada.” (Rafael C. Sisto Edreira: Historia da física na Universidade de Santiago de Compostela)