Sensación de sufrimento que se ten ante a presenza ou posibilidade dun perigo ou dunha desgraza.
Etimoloxía
Termo que chega do catalán congoixa de significado análogo e que bebe do latín vulgar *congustia 'angostura'.
Exemplos *
"Levaban semanas de congoxa, de incerteza pola ausencia de noticias." (Domingo Villar: A praia dos afogados)
"Unha e outra vez repetiuse o sarcasmo, ata que, nun silencio do taxista, en canto o sono me vencía, todas as congoxas do mundo se viñeron apoderar da miña alma." (Xavier Alcalá: Código morse)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.