consonante

Que presenta rima en todos os sons.

Etimoloxía

Vén do latín consonans –antis, participio de consonare ‘soar conxuntamente’.

Exemplos

“... versos de rima consonante ou asonante, que tanto lle daba, maioritariamente satíricos, escasamente laudatorios, de extraordinaria calidade todos.” (Alfredo Conde: Memoria de Noa)

“Sendo aínda un rapaz acabado de licenciar en Farmacia, publicou [...] un soneto en hendecasílabos de rima consonante abrazada ...” (Emilio Xosé Insua: Sermos Galiza 17-08-2012)