contacto

Conexión entre dúas partes dun circuíto eléctrico.

Etimoloxía

Tomouse do latín contactus –us, derivado do verbo contingere ‘chegar a tocar’ e este de tangere ‘tocar’.

Exemplos *

“No xusto intre, eles só tiñan que facer o contacto eléctrico e a ponte derrubaríase como mecano infantil.” (Manuel Rivas: ¿Que me queres, amor?)

“Recollo un par de moedas das alfombras e pelexo co contacto para arrincar un motor que imaxino tan frío coma un carambo de xeo.” (Xabier López López: Os libros prestados)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.