contaxio

Transmisión dunha enfermidade por contacto directo ou indirecto.

Etimoloxía

Vén da forma do latín contagium –ii, derivado de tangere ‘tocar.’

Exemplos

“Era a súa unha tose seca, finxida, como a desa xente fina que vai aos concertos. Por iso para min case foi un alivio que a tose se estendese coma un contaxio entre todos os reclusos.” (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)

“Unha das recomendacións, ante o alto grao de contaxio da enfermidade, é non saír da casa ao ter síntomas ou mentres se padece esta patoloxía.” (De Luns a Venres 10-01-2013)