contraventá

Porta pequena que se pon detrás das ventás para impedir o paso da luz.

Etimoloxía

Para obter este substantivo botouse man do elemento contra- que indica efecto ou dirección contrarios e ventá, que remite ao latín ventus -i ‘vento’.

Exemplos

“As leccións son pola tarde, e polas mañás traballo no taller de carpintería facendo portas e contraventás, e pintándoas.” (Marilar Aleixandre: Airadas de palabras)

“... ao decatarse de que un estraño con sombreiro e abrigo de lapela ergueita os observaba dende a fiestra, abandonou a súa cadeira para pechar decontado a contraventá.” (Jaureguizar: Cabaret Voltaire)