convector

Aparello de calefacción formado por tubos horizontais que propaga a calor por convección

Etimoloxía

Vocábulo derivado do latino convectore ‘que leva’.

Exemplos *

“A presenza dun convector en cada local incrementa os custos de mantemento: limpeza e cambio de filtros, etc.”(Instituto Enerxético de Galicia (INEGA): Guía para a selección do equipamento e o deseño de edificios con criterios enerxéticos, 2007)

“A calefacción mediante radiadores persegue quentar o aire máis próximo e baixo, facendo que suba ao diminuír a súa densidade; orixínanse, entón, correntes de convección polo que poderían chamarse tamén convectores” (Ramón Vilalta, Manuel Cid e Antonio Varela: Física e Química, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.