copa

Vaso de distintas formas, xeralmente de vidro, que se sostén sobre un pé e serve fundamentalmente para beber.

Etimoloxía

Chegou do latín cuppa –ae, que xa debía denominar o mesmo obxecto.

Exemplos *

“O viño tiña nas copas de cristal a cor feiticeira do ouro vello, un aroma delicado, e deixaba na lingua o saibo da súa propia fantasía, un pouso docísimo de saudades...” (Víctor Fernández Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia)

“... fontes, cuncas, copas e demais vaixela de prata, cristal, talavera e de outras altas calidades que, como pensou Sancho, eran unha regalía, un privilexio e un gozo máis de cabaleiros que de monxes ...” (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.