cordilleira

Serie de montañas que forman todas xuntas unha unidade

Etimoloxía

Palabra derivada do radical “cord-” que chega desde o latín chorda, -ae ‘corda’.

Exemplos *

“Os lugares onde se provocan fracturas a través das cales ascende o material fundido do manto, o magma, para ser expulsado polos volcáns da superficie e das cordilleiras submarinas.” (Pedro José Carcajosa Arroyo: Dos quarks á próxima extinción. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida, 2012)

“Quizais as deixaran subir ata a cordilleira como parte dunha artimaña disposta polos círculos máis próximos ao poder.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.