costa

Terreo en pendente, particularmente referido a un camiño ou outra vía.

Etimoloxía

Chegou da forma idéntica do latín, que significaba ‘costela’ ou ‘lado’ e pasou a ser despois ‘ladeira dun monte’.

Exemplos *

“Lembraba como a vira agatuñar polo monte arriba e logo arrastrarse pola costa abaixo, do outro lado, engulíndoo todo, coma se fose a lava dun volcán.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas)

“Alá para o mediodía subía a costa co cesto cheo de encargos dalgunhas veciñas máis vellas que non podían camiñar os dous quilómetros costa abaixo e, peor aínda, os dous costa arriba de volta.” (J.A. Xesteira: Contos de familia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.