costro

Primeiro leite que dá a femia dos mamíferos despois de parir.

Etimoloxía

No latín denominábase colostrum, -i, de onde evolucionou a nosa forma.

Exemplos *

“… aos dous días, o leite bo acabárase e a becerriña e máis eu compartimos o mesmo costro …” (Afonso Eiré: Eu tamén fun coas vacas)

“Nas femias lactantes aparece inchazón do ubre; o leite colle aspecto de costro.” (Ildefonso-Antón Caamaño: Unha alternativa gandeira pra os montes da Galiza)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.