cotobelo

Nó ou vulto que forman as articulacións dos dedos ao se dobraren.

Etimoloxía

Considérase como máis probable que remita ao latín cubitalis –e ‘medida da altura dun cóbado’.

Exemplos

“Conversas intranscendentes e lacónicas, breves coma bágoas illadas e senlleiras, quen sabe se coma eses golpes que os presos dan cos seus cotobelos nas paredes ...” (Alfredo Conde: A casa de Adara)

“As mans eran como as dun home, agás en que os dedos eran máis longos e grosos, cos cotobelos avultados coma nós e rematados en feras gadoupas.” (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán)