cotón

Parte alta dunha montaña de formas suaves

Etimoloxía

De orixe controvertida, pénsase que unha palabra prerromana *cottu ‘elevación do terreo’.

Exemplos *

“Aquelo era de ver: polas costas e cotóns, en medio da noite negra, viña xente con brandóns.” (Xosé Baña Pose: Vida e milagros de Pepe de Xan Baña en trinta anos en Cuba, 1921)

“No cimo dun cotón hai unha igrexa pequeniña e moi vella, e sobor do río, unha ponte (...), sen varanda.” (Ánxel Fole: Terra brava. Contos da solaina, 1955)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.