cráter

Boca dun volcán, por onde expulsa as materias cando está en erupción.

Etimoloxía

Chegounos a través do latín, pero a súa orixe está no grego krater, que denominaba un vaso grande para facer mesturas ou a boca do volcán.

Exemplos

“No seu sitio, ao que Lois se aproximou con máis receo que ao cráter dun volcán, só ficaban dous metros cadrados que as folerpas ían cubrindo sen présa.” (Xoán Fuentes Castro: O pescador de cana)

“Un volcán de cráteres golsou en espasmos o corazón mesmo da lava, e seres alados pereceron no seu lume.” (Xosé Ramón Pena: O reverso do espello)