cravuñar

Afiar ou aguzar o fío da gadaña petando nel coa picadeira sobre unha zafra.

Etimoloxía

Aínda que non está clara a súa orixe, é posible que se formase a partir de 'cravar'.

Exemplos *

“Amo a herba humilde que arrecende a mozas cando a seitura a gadaña cravuñada.” (Antón Tovar: Calados esconxuros)


“…alá no ollo da serra, está o Manuel cravuñando a gadaña, e á súa beira o Pepe, o Silvestre, a Xenoveva e o Iván, engaiolados pola música que sae daquel ferro que figura o bico perdido dun paxaro de pedra”. (Emilio Araúxo: Tempos serodios)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.