crianza

Proceso polo que o viño adquire sabor, color e cheiro especiais por estar gardado durante anos en recipientes apropiados.

Etimoloxía

Deriva de criar, e este vén do verbo latino creare ‘crear’.

Exemplos *

“O facedor de viños, pola súa banda, engade a súa persoal contribución na elaboración do viño e na súa crianza.” (Antonio Portela: A Nosa Terra 26-06-2008)

“Coido que é un prato barroco ben axeitado para algún dos xantares do Nadal. Acepta ben os brancos galegos ou algún tinto de crianza nova.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.