crina

Pelo longo e forte que teñen no pescozo e no rabo algúns animais, como o cabalo.

Etimoloxía

Procede do latín crinis, -is ‘cabeleira’.

Exemplos *

“Pola mañá a besta apareceu coa crina e o rabo encerellados e determinaron de rapala e, á noite do día seguinte, como o demo non puido repetir a mesma falcatruada coa besta, encerellou o rabo das vacas.” (Manuel Rodríguez López: Reencontro coa aldea)

“Na carreira, o vento axitaba os atavíos de plumas e contas de arxila que pendían dos seus longos cabelos, dos brazos e pescozos, así como das armas e entre as crinas das bestas.” (Manuel Lourenzo González: Arqueofaxia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.