cume

Parte máis elevada dunha montaña

Etimoloxía

Chega desde o vocábulo latino culmen, -inis ‘parte superior de algo’.

Exemplos *

“O pobo, probabelmente atarantado por tal acontecemento, decide erguer unha ermida en cada un dos cumes.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011)

“O día do seu aniversario amañeceu soleado, aínda que uns escuros nubeiros que coroaban os cumes das montañas, presaxiaban choiva.” (Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.